Trala vacuidade de Joe Sample e o pop hortera que dende hai
trinta anos practica o cantante George Benson, noutra época moi notable guitarrista de jazz, finalmente e con moitos quilates, o jazz chegou pola porta grande ao festival do Palau. O seu responsable foi Pat Martino.

É curioso: Benson e Martino pertencen á mesma xeración e ambos se revelaron como dúas das máximas luminarias da guitarra jazz e do seu futuro, na segunda metade dos sesenta. Pero, mentres o primeiro entregouse a ser un "crooner" descaradamente comercial dende mediados dos setenta, Martino converteuse nun referente do instrumento a base de rigor e orixinalidade. Quizais por iso non é demasiado coñecido e, se non me trabuco, esta é a súa primeira visita a España.
Ademais, en 1980 sufriu un grave aneurisma cerebral. Puido salvarse trala operación, aínda que perdeu a memoria e xa non recordaba como tocar. Houbo de aprender de novo, escoitando os seus discos anteriores. Posteriormente, dende 1987, volveu actuar e gravar. Recentemente, sacou un compacto dedicado a Wes Montgomery, do que foi íntimo amigo. Agora, tras tanto tempo, puidemos escoitar a este guitarrista de Filadelfia (alí naceu, en 1944) e confirmou plenamente o que se sabía polos súas grabacións, xa sexa como líder ou acompañante. Cun trío (piano, contrabaixo e batería) compacto e poderoso, aínda que de nomes non familiares,
mostrou a súa grandeza. Nunca se interesou nos pedales e artiluxios electrónicos que producen eses odiosos sons acuosos e o timbre do seu Gibson é cálido e non enmascara a madeira. O seu ataque co plectro é percusivo. Está íntimamente ligado ás longas frases de trazo fulgurante, xa sexa por oitavas ou notas soltas, que improvisa con imaxinación desbordante e agudo sentido melódico e rítmico.

Non podía faltar Four On Six, en recordo de Wes. Con Sunny despediuse demasiado pronto este magnifico guitarrista de jazz. Antes, o saxo tenor Javier Vercher, criado na Safor e dende hai varios anos residente en Nova York, mostrou que o free jazz non é letra morta e aínda pode resultar fecundo.
O merecido premio Tete Montoliu da SGAE é discípulo de Bob Moses, o percusionista comprometido cos radicais aires vanguardistas que irromperon no jazz dos sesenta. Pero a mensaxe transgresora de Coltrane, Ayler ou o Rollins máis aventurado de entón resultan no potente ton de Vercher, temperados polo lúdico tapiz caribeño que tecen os percusionistas do seu grupo. Este “neo free” perdeu a angustia, o que tampouco está nada mal.
Un músico aberto ao futuro, a seguir.
-
Noticia publicada en El País
0 comentarios:
Publicar un comentario