16.7.06


Fai xa casi un ano, publicaba eu aquí neste blog un post sobre a magnífica actuación de dous ciclistas galegos no Tour de Francia 2005. Daquela, trouxéronnos para Galicia, por primeira vez na historia, victorias de etapa na gran carreira ciclista por excelencia. Hoxe, volvemos falar do primeiro de aqueles dous galegos, xa que na etapa 13 do presente Tour 2006, conseguiu colocarse Líder da carreira.

Anteriormente, solo 8 corredores españois conseguiran vestirse co amarelo máis desexado por un ciclista, entre eles os míticos Indurain, "Perico" Delgado e Bahamontes, nen sequera o mellor ciclista galego de tódolos tempos, Alvaro Pino, foi quen de logralo.

Pero ahí o temos, logo de sacarlle media hora de vantaxe ó pelotón, colocouse líder con minuto e medio de vantaxe sobre o principal favorito ó título, Floyd Landis. Será moi difícil aguantar no liderato, pois agora veñen as etapas dos Alpes, incluida a "Etapa Reina" do Tour, pero unha cousa é ben sabida por todos, o equipo do galego (Illes Balears) é mellor que o de Landis (Phonak).

Óscar Pereiro non gañará o Tour, pero un bó aplauso e unha gran homenaxe sí que se merece.

Posted by Publicado por Guille en 14:43
Categories: Etiquetas:

 

0 comentarios:

 
>