22.8.06


Foi no Século XIX o despegue industrial da cidade, creáronse numerosas industrias entre elas aparece a espectacular Fábrica de Tabacos, tradicionalmente chamada "Tabacalera" que desapareceu nesta última década.
Entre as industrias da cidade que se crearon nesta época están as Fábricas de Vidros (moi numerosas), Fábricas de Ladrillos, a Fábrica de Gas (que facilitaba iluminación á cidade e máis adiante, tamén ao extrarradio), Fábricas de Tecidos, a Fábrica de Sombreiros (proveedora directa da Casa Real no seu tempo), Fábricas de Xabón, de Mistos, Fábricas de Salgadura, de Fariñas e Panificadoras, de Conservas, de Cervexas e Destilerías.

Especialmente importante para esta explicación, son as Fábricas de Chocolate, estas eran numerosas na cidade por aqueles tempos, era a 2ª metade do Século XIX, a máis importante de todas era a chamada "La Española" (creada en 1871), atopábase preto do porto co obxectivo de facilitar o transporte do chocolate sen preparar e envialo directamete á fábrica. Precisamente, desta actividade orixinarase o apelativo de "Cascarilleiros" respecto dos naturais da cidade herculina, aludindo á gran cantidade de cascas de cacao que se desembarcaban con este motivo no porto coruñés.

Posted by Publicado por Guille en 20:55
Categories: Etiquetas:

 

0 comentarios:

 
>