Un bañista calquera -máis que calquera, con vacacións- pasa na praia unha media de tres horas diarias que, multiplicadas polos 30 días de descanso estival, suman -se a meteoroloxía é benevolente- 90 horas baixo o sol, rodeados de area e no punto de mira de tábanos e fanecas. Parece claro que coñecer á perfección os pormenores dos areais galegos é unha prioridade para os veraneantes, algo que non sempre conseguen por mor da rumoroloxía de praia. E é que, ás veces, o que se di ou se oe sobre a costa ten pouco que ver coa realidade.
Estas son as dez mentiras sobre a praia:
Un areal con algas está sucio
Todo o contrario. Nas algas que se desprenden das rocas e son arrastradas ata a area viven un bó número de pequenos crustáceos que, á vez, serven de alimento ás aves. A súa retirada das praias supón un salto na cadea alimentaria. Por iso, moitos expertos piden que non sexan recollidas, algo que se conseguiu en moi poucos areais, como o de Corrubedo.
A faneca e o escarapote son o mesmo peixe
Non, son dúas especies diferentes. A faneca brava é a Trachinus vipera, un peixe pequeno que non chega a superar os quince centímetros. Vive sempre en praias de area fina e con moitas ondas. Pola súa banda, o escarapote (Scorpaena porcus) caracterízase por ter un corpo forte e unha cabeza chea de espiñas. A diferenza da faneca, vive en zonas rochosas onde permanece quedo durante todo o día entre pedras e algas.
Unha praia sen ondas non é perigosa
Pódeo ser ata máis como consecuencia das correntes. Na canle da ría de Ferrol, hai varias calas aparentemente tranquilas, pero polas que atravesan correntes que poden chegar ata os nove nós.
En situacións de perigo, hai que nadar contracorrente
Desta forma, o bañista esgotará todas as súas forzas sen apenas avanzar nada. O recomendable é esperar a que acudan os socorristas ou moverse aos poucos a favor do movemento da masa de auga.
O contacto ca auga despois de comer pode provocar un corte de dixestión
Non é o contacto ca auga o que pode desencadealo, senón o zambullirse en auga fría. Para evitalo, recoméndase mollarse aos poucos algunhas partes do corpo, como a cara, a caluga ou os brazos, antes de mergullarse na auga.
As augas claras son as máis limpas
As augas de Galicia son turbias porque teñen moito fitoplancton, algas microscópicas que confiren ao mar ese ton verduzco. Iso quere dicir que, lonxe de ser augas sucias, son moi ricas e produtivas.
Canto máis calor fai, máis cálido está o mar
Na comunidade galega, ao mar non lle dá tempo a recalentarse porque está en continuo movemento. Cando sopran os ventos de dirección norte, prodúcese un fenómeno coñecido como afloramento, que provoca que as augas superficiais recalentadas afástense da costa e suban cara á superficie as augas máis profundas, que están máis frías.
As dunas son meras montañas de area
A súa importancia ecolóxica é moi elevada. A duna está intimamente relacionada coa praia, e dela depende a supervivencia da flora e a fauna do lugar.
Unha vez morenos, non é necesario botarse crema solar
As cremas non só protexen aos bañistas de poñerse vermellos, senón tamén doutros efectos do sol como a aparición de manchas, o envellecemento da pel ou o cancro. A pel ten memoria, e pode pasar factura anos despois.
Nos días nubrados, o sol non queima
Aínda que o día preséntese nubrado e, ata, sen vistas a despexar, as probabilidades de queimarse son case as mesmas que nunha xornada asollada. Como consecuencia diso, moitos mariñeiros sofren queimaduras de gran envergadura durante a época estival.
http://www.lavozdegalicia.es

0 comentarios:
Publicar un comentario