7.8.05


Este fin de semana alí estiven por 2º ano consecutivo, e creo que se as circunstancias persoais nese momento o permiten, repetirei moitos anos máis.

Fáltanme as forzas, a pesar de durmir unha pequena sesta o chegar a casa, inda non estou recuperado de tanta tralla que lle metimos o corpo neste sábado pasado, facía tempo que non estaba pegando brincos tanto tempo seguido, pero e que a música así o pedía.

Éche este un lugar máis da Galicia onde se poder observar e disfrutar da natureza no seu máximo esplendor, todo verde, todo fincas, todo árbores, so interrompidas polas poucas vivendas da xente que alí reside, así como a casa das artes e o famoso balneario. Un lugar verde e tranquilo no medio do monte da Galicia interior.

Pero todo isto cambia o chegar a 1ª fin de semana de cada agosto desde fai 26 anos, chegan a este recóndito lugar, xentes de tódalas partes, de tódalas idades e de tódolos tipos... a uns os atraen a marcha, o ambiente... a outros, quizá o ir tomar unhas copas o carón da música ou tomarse un bó "pulpo", quizá vaian pola feira de artesanía ou pola mostra de instrumentos musicais... pero sexa polo que sexa, máis de 1.000 tendas de campaña inundaron estas terras con gañas de pasalo ben e por supusto impedir que aquí se poida durmir nesta noite. A mostra está en que eu nos dous anos que alí estiven non fun quen de pegar ollo máis duns poucos minutos seguidos.

Un lugar bonito, natural, enxebre coma poucos, sen aglomeracións de xente, con boa música, con bó ambiente e festa continua durante a práctica totalidade da fin de semana...

En definitiva, Festival Folk de Pardiñas.

Posted by Publicado por Guille en 23:22
Categories: Etiquetas:

 

 
>