Vigo: presentouse á alcaldía o anterior director xeral para o Deporte, o nacionalista Santiago Domínguez, encargado de negociar coa empresa xestora da rolda, Unipublic.
Santiago, Allariz (o vicepresidente da Xunta foi alcalde desta localidade) e Viveiro: as concellarías de Deportes estaban dirixidas polo Bloque no momento da decisión.
O que é curioso é o cambio da forma de proceder nas negociacións para que “La Vuelta” pasaxe por Galicia, xa que esta debeu ser a primeira vez que se negociou o seu percorrido directamente coa Xunta, e non cos concellos polos que tiña que pasar.
É un pouco ridículo que se faga pasar “La Vuelta España” por lugares que lle gusten ós que mandan, en lugar de facelo polos lugares con maior tradición ciclista e que xa recibiron a carreira noutras ocasións e con notable éxito de público e participación.
Con respecto á carreira, é de destacar as marcadas diferenzas que sempre intenta poñer "La Vuelta" con respecto a Tour e Giro. O máis forte será na primeira semana, xa que inclúe a contrarreloxo de Zaragoza, os míticos e lexendarios Lagos de Covadonga e pouco despois a etapa de Cerler e de Andorra, que serán espectaculares e con algunha que outra sorpresa debido a que os ciclistas van chegar con forza. A segunda semana será como de "enganche" coa terceira, onde volverán as etapas inportantes e que decidirán a carreira.
¿Os favoritos? Nunca se sabe pero soan con forza Evans, Menchov, Cunego, Pereiro, Sastre, e incluso podería dar a sorpresa Gómez Marchante.
1 comentarios:
No sé si eso es algo que pasa en todas partes, pero desde luego es algo que nunca ha dejado de pasar en Galicia... eso sí, evidentemente no se reduce a esto: por lo que tengo entendido en el sector audiovisual también imperan los amiguismos (sólo que ahora los amigos son otros que los del anterior gobierno)¡Y sucederá lo mismo con tantas otras cosas de las que ni tenemos información...! Porque que una cosa quede clara: los periodicos gallegos reciben subvenciones de la Xunta (de ahí tantas series de la tele del Grupo Voz, por ejemplo) así que digo yo que serán algo comedidos a la hora de rajar...
Publicar un comentario