20.7.07


O xuíz da Audiencia Nacional Juan del Olmo ordenou o secuestro do último número da revista satírica "El Jueves", en cuia portada aparece unha caricatura dos Príncipes de Asturias nunha situación considerada irreverente.

O auto ditado hoxe, a petición da Fiscalía Xeral do Estado, ordena ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que procedan a retirar os exemplares da revista dos puntos de venda, así como que se despracen a Madrid e Barcelona para facerse co molde do debuxo.

O titular do Xulgado Central de Instrución número 6, que se atopa de garda esta semana, require ao director da revista que identifique aos autores da caricaturas, que poderían incorrer nos delitos contra a Coroa previstos nos artigos 490.3 e 491 do Código Penal, que preven penas de ata 2 anos de prisión a quen cometese calumnias ou inxurias contra o rei ou os seus descendentes.

A portada da revista mostra unha viñeta satírica na que aparecen representados caricaturas do príncipe de Asturias, Don Felipe e a princesa Dona Leticia, nunha postura sexual explícita, tal e como aparece reflectido na web 'www.eljueves.es' O xuíz da Audiencia Nacional Juan del Olmo ordenou hoxe, a petición da Fiscalía, retirar dos quioscos e prohibir a difusión do último número desta revista satírica por un suposto delito de inxurias á Coroa.

A viñeta fai referencia á axuda de 2.500 euros á maternidade anunciados polo Goberno e aparece a seguinte afirmación: "Te das cuenta si te quedas preñada? Esto va a ser lo más parecido a trabajar que he hecho en mi vida."
[+/-] Seguir Lendo..


Posted by Publicado por Guille en 15:29
Categories: Etiquetas:

 

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Podéis ver la portada prohibida en
http://www.bottup.com/index.php?option=com_content&task=view&id=1542&Itemid=33

 
>