27.7.07


Tour 2006: O último venres de competición, coñécese que Floyd Landis deu positivo. A pesar diso, segue en carreira e o domingo seguinte proclámase vencedor do Tour en París.

Tour 2007: Rasmussen foi excluido do Tour polo seu equipo despois da espectacular presión feita polo Tour para que así se fixera. Rasmussen NON deu positivo en ningunha etapa deste Tour pero non pode seguir correndo nin chegará a París, despois de demostrar (para sorpresa de todos) ser o máis forte da carreira.

Óscar Pereiro ten toda a razón cando di que o Tour de Francia escolle ós seus vencedores. Sempre interesan máis uns ca outros.

Os defensores da exclusión de Rasmussen falan de que non se presentou a dous controis sorpresa antes do Tour, ahí estamos todos de acordo, se non cumpriu as normas non debeu disputar a carreira, pero... ¿porque o deixan correr o Tour e logo o "expulsan" a falta de catro días?

Agora todos temos a dúbida sobre si Rasmussen é un corredor "limpo" ou non, de momento, probas de positivo non hai.

E de Vinokourov, mellor non falar.

A prensa e a xente son así, o ciclismo pasa polo mundo case sen atención a pesar das grandes etapas que moitas veces nos fan vivir os ciclistas. Pero, salta un positivo por dopaxe e de súpeto o ciclismo é a noticia de portada de tódolos informativos. Se fixeran o mesmo número de controis noutros deportes coma no Fútbol e sobre todo, no Atletismo, a ver si o ciclismo seguía sendo o deporte con máis noticias por dopaxe.

[+/-] Seguir Lendo..


Posted by Publicado por Guille en 11:57
Categories: Etiquetas:

 

0 comentarios:

 
>