30.6.07





Benvidos á nova web de arrevoire.
Por terceira vez dende a súa creación, arrevoire cambia totalmente de imaxe aínda que mantén a maior parte do contido habitual da páxina. Poderás comentar tódalas noticias que poñamos na web, ademais de coma sempre, deixar a túa mensaxe no tagboard que aparece na marxe dereita que é o mesmo tagboard de sempre, se tiñas o nick rexistrado así seguirá. (Se por algún casual non se ve o tagboard, dalle a actualizar no teu navegador).

O blog mundo curioso desaparece como tal e aparece como unha parte máis da páxina principal de arrevoire. As noticias de actualidade, deportes, o tempo, etc.. teñen tamén o seu recuncho. A principal novidade de todas, é que calquera noticia relacionada coa peña arrevoire aparecerá comentada en portada sen necesidade de ter que buscala.

A web de arrevoire seguirá sendo http://www.arrevoire.es.vg, se por algún casual utilizabas a dirección do servidor www.xente.mundo-r.com terás que modificala, arrevoire mudou de servidor. Tamén existe e funciona correctamente, http://arrevoire.tk

Ademais, os problemas que existían anteriormente para poder ver a web noutros navegadores que non foran IExplorer foron subsanados.

Saúdos a todos, e espero que a web sexa do voso agrado.


Posted by Publicado por Guille en 01:58
Categories: Etiquetas:

 

1 comentarios:

Marian dijo...

vaya ! Esto tine muy buena pinta. Enhorabuena!!

 
>