A máis arraigada en España é a tradición de recibir o ano con doce uvas, unha por badalada do reloxo que marca a hora meiga. Non pode faltar a roupa interior de cor vermella que, se é froito dun agasallo, aumenta a súa eficacia para asegurar a felicidade e os bos momentos durante o ano entrante.
Para os máis codiciosos, o mellor é mergullar un anel de ouro nunha copa de champaña e colocar unhas moedas dentro dos zapatos; a bonanza económoca quedará garantida. Pero se o que se busca é unha media laranxa, non hai nada máis eficaz que sentar e levantarse de novo con cada badalada. Jejeje... imaxinade a situación, comendo uvas a par de erguerse e sentarse por cada badalada.
Hai outros métodos que, aínda que non son tan populares, pero que deberían ter un efecto similar para cultivar un bo ano. Sacar as maletas á porta de casa reportará un ano viaxeiro; comer unha cucharada de lentellas traerá prosperidade; lavar as mans con champaña e azucre para conseguir diñeiro, e repartir espigas de trigo para nadar na abundancia.
Se o ano foi malo e quérense borrar os seus efectos, tamén hai remedio. Basta con confeccionar un boneco con roupa vella e arroxalo ás chamas. O sistema reiníciase e ponse o contador a cero.
0 comentarios:
Publicar un comentario