26.10.06


A lista das desgrazas ocorridas na carreira espacial é longa e diversa, e está salpicada de feitos curiosos.
Por exemplo, os tres membros da tripulación do Soyuz 11 teñen a desafortunada honra de ser os únicos seres humanos que morreron no espazo exterior asfixiados polo fallo dunha válvula de aire en 1971. Catro anos antes, o cosmonauta Vladimir M. Komarov converteuse no primeiro home en morrer nunha misión espacial, cando os paracaídas da súa nave Soyuz 1 non se abriron durante a reentrada.
Outros, directamente, parecían gafados: Gus Grissom case afoga en 1961, cando a súa cápsula afundiuse despois de amerizar no Pacífico; seis anos despois, morreu xunto cos seus compañeiros no incendio ocorrido no lanzamento do Apolo 1. Por certo, este incendio tivo lugar na mesma semana do ano que os desastres do Challenger e do Columbia: 27 de xaneiro, 28 de xaneiro e 1 de febreiro, respectivametne.
Logo hai casos como o do cosmonauta G. G. Nelyubov, que non morreu pero arruinou a súa carreira el soíño: destinado a selo sucesor de Gagarin, emborrachouse, meteuse nunha pelexa cunha patrulla do exército e negouse a desculparse. Consecuencia: tanto o seu nome como a súa imaxe foron borrados do programa espacial soviético.


http://www.muyinteresante.es

Posted by Publicado por Guille en 21:16
Categories: Etiquetas:

 

0 comentarios:

 
>