4.10.05


É impresionante o follón que che poden chegar a montar uns cantos tipos que viven "para", "por" (en teoría) e sobre todo DOS demáis.
Uns pásano "pipa" discutindo sobre un nome que queren meter no "estatut", primeiro péganse, logo dánse palmadiñas nas costas.
Logo, veñen outros dicirnos que o país se rompe, ó igual que dicían nos tempos do 78.
En Ceuta e Melilla parece ser que hai avalancha de inmigrantes, ¿e logo que pasa, que antes non había? ¿Será que ahora é nova e hai que sacar proveito?¿Ou será oportunismo político?
Certamente, da igual, nunca se axudará ós que o necesiten.
¿E de onde veñen estos inmigrantes? Pois destes países africanos, onde os seus gobernantes o queren todo para eles, viven esplendorosamente ben mentres os seus súbditos morren de fame i extrema pobreza.
Aquí non chegamos a tantos extremos, pero... se os políticos nos representan, ¿por qué se dedican únicamente a vivir ben e a discutir e a pelexar do que lles ven en gana e non a solucionar os problemas cotidianos da sociedade en que vivimos?
¿Canta xente hai sen vivenda digna (como di a Constitución) mentres eles o pasan pipa no Parlamento?
Aínda recordo cando a maioría absoluta do Parlamento na lexislatura anterior, aprobou con gran festa, alboroto, berridos de ledicia, palmas e non sei cantos sorrisos, o apoio a invasión de Irak. Acaso, ¿é motivo de celebración una declaración de guerra?¿é motivo de celebración a sentencia á morte de milleiros de persoas?
Políticos..! Uns malditos fillos de ...!!!

Posted by Publicado por Guille en 22:02
Categories: Etiquetas:

 

0 comentarios:

 
>