7.7.05


Que día extrano aquel de xullo no que comprobei o mal que pode chegar a ter á "cacholiña" algunha das persoas que nos rodean.
Eran ás 13:30h aproximadamente, cando estaba eu cun amigo despedíndonos despois dunha longa charla ó carón dun café, nunha zona comprendida entre ás dúas estacións coruñesas, na coñecida Ronda de Outeiro, zona dos Mallos. Cando de súpeto, un home apareceu por alí falando forte, alto pero nada claro, e sobre todo, chamando a atención de tódolos alí presentes. Viña hacia nós i entre as palabras que lle puiden entender estaban "juventud", "papa" e algo así como "bbbbreggfxdregggsd...". Meu amigo máis eu nos miramos estupefactos, e o mesmo ocorreu entre o pai de familia que agardaba cos seus fillos no coche á chegada da muller que fora o supermercado máis eu. Despois dun intre de aproximación hacia nós, o home desistiu, deu media volta e seguiu co seu recital espontáneo, forte e alborotador a través da Praza Madrid. Meu amigo máis eu, aínda algo atónitos polo recente espectáculo gratuito, non lle demos importancia e ó noso seguimos.
De seguido, unha vez quedádome só, marchei cara a casa, subía pola Ronda de Outeiro en dirección Sagrada Familia, cando inesperadamente, outro suceso interrompía o meu tranquilo paseo á luz da néboa... alí, á altura do antigo local do ambulatorio dos Mallos, unha parella duns aproximadamente 30 anos, saía dunha furgoneta, dirixíndose á muller cara un portal onde se dedicou a pulsar o timbre dunha vivenda, notábase nerviosismo e máis aínda, cando o home, claro exemplo de persoa descoñecedora dun aparato chamado telefonillo, timbre, ou como queirades chamar, que sirve para poñerse en contacto cunha vivenda dende a rúa, púsoxe a recitar con voz alta, forte e (a diferencia do paisano da historia anterior) clara, unha serie de improperios, insultos e todo tipo de palabras que poder ser calificadas de ofensivas e moi malsonantes. Isto, quedaría nunha mera discusión entre coñecidos se non fose porque o volumen dela superaba o ruido habitual da zona, moi concurrida en transeúntes e tráfico. Eu estaba na beirarrúa de enfrente, e a pesar do gran ancho da Ronda de Outeiro e o barullo alí montado polo dicurrir do abundante tráfico, tiña o seu aquel ver como á excepción dos coches, todo transeúnte que por alí pasaba, cerca e non tan cerca, deixou o que estaba a facer para contemplar tan insólita escena, dando como resultado un silencio inusual a esas horas só interrumpido polos berridos do paisano tendo como coro o ruxir dos automóbiles.
Todo rematou, cando esta parella ó non ver o obxectivo do seu ataque, marchou, volvendo Os Mallos recuperar a súa normalidade. E así fixen eu tamén, que continuei o meu paseo rematándoo cun bó cafeliño o carón das páxinas do xornal do día.

Posted by Publicado por Guille en 00:35
Categories: Etiquetas:

 

 
>