21.7.05


Non esperaba eu facer ningún comentario sobre ciclismo neste blog, pero a ocasión así o merece, xa que non todo o mundo ciclista pode presumir de ter no seu palmarés unha victoria no Tour de Francia, a carreira ciclista más importante do mundo.
E alí, de maneira espectacular, onde ningún galego puido triunfar en case 100 edicións, o Galego (de Mos) Óscar Pereiro gañou o 19 de xullo de 2005, a decimosexta etapa do Tour de Francia,
impoñéndose ó sprint na línea de meta ó español Xabier Zandio, ó italiano Mazzoleni e ó australiano Cadel Evans, cos que levaba escapado varios kilómetros.

E mira ti, en case 100 anos de historia ningún, i en tres días dous galegos. Agora tocoulle o turno a Marcos Serrano, corredor do Liberty Seguros, que conseguiu a victoria na decimoctava etapa entre Albi y Mende, sobre 189 kilómetros, tras escaparse do grupo de fuxidos no que se encontraba na ascensión do último porto do día. O galego afirmou que "meterse en una escapada es una lotería" e que el foi o premiado esta vez.

Posted by Publicado por Guille en 20:20
Categories: Etiquetas:

 

 
>