Hoxe é martes 28 de xuño, un día despois de coñecer o resultado definitivo das eleccións galegas. E gustaríame mostrar o curioso do mundo da política, sexa cal sexa o lugar onde ocorra e dando igual perder ou gañar votos ou escanos, quedar segundos, primeiros ou últimos... na política TODOS SON OS GAÑADORES DAS ELECCIÓNS! O que importa non é o resultado do teu partido, senón facer crer ós cidadáns que o teu rival saíu malparado dos comicios e que ti eres o triunfador, sexa ou non certo. Ahí van as declaracións dos tres partidos máis votados nas eleccións galegas, a vista disto... ¿quen gañou? Resposta: TODOS. ¿E quen perdeu? Resposta: NINGÚN. Políticos, nunca cambiarán.
ANXO QUINTANA:
“MOITAS GRAZAS A TODOS OS GALEGOS E GALEGAS QUE DEPOSITARON A SÚA
CONFIANZA NO BNG, MOITAS GRAZAS A TODOS OS E AS MILITANTES QUE TRABALLARON A PROL DO PAÍS NOVO”“Fixemos unha campaña extraordinaria, feita grazas á entrega e ao corazón de miles de persoas que acreditan na nosa nación e que souberon conectar con máis de 300 mil galegos e galegas”, afirmou Quintana.Con emoción transmitiu Anxo Quintana os seus parabéns a “todos os galegos e galegas que depositaron a súa confianza no BNG”, até totalizar 307.249 votos, e tamén “a todos os e as militantes do BNG que traballaron a prol do país novo”.
“Hoxe máis que nunca orgúllome de ser militante do Bloque Nacionalista Galego”, engadiu e no meio dunha pechada ovación acrecentou dirixíndose aos seus compañeiros e compañeiras: “Fixestes un traballo magnífico. Mostrastes un enorme compromiso con Galiza, con vós mesmos e coas vosas ideas”.“Galiza sabe que pode contar co BNG. Galiza sabe que o BNG nunca lle vai fallar. Viva Galiza!”. Deste vibrante xeito fechou a súa intervención antes de se fundir en apertas con muitos militantes e simpatizantes do BNG.
INTERVENCIÓN DE EMILIO PÉREZ TOURIÑO (incompleta)
As urnas falaron. Os galegos querían cambio e Galicia votou polo cambio. A maioría social traduciuse, como é natural en democracia, nunha maioría electoral e tamén nunha maioría parlamentaria polo cambio.Os votos do cambio suman cen mil votos máis que os do Partido Popular. Os Socialistas subimos once puntos, cento cincuenta mil votos e oito escanos respecto ás eleccións anteriores.É o mellor resultado do Partido Socialista na historia das eleccións autonómicas en Galicia. E o que é máis importante, a relación de forzas no Parlamento de Galicia abre as portas á alternacia democrática no Goberno.Agora correspóndenos facer que a vontade popular se cumpra dixemos que se os galegos votaban cambio o cambio chegaría a Galicia. Ese é o meu compromiso e a el dedicareime con todas as miñas forzas a partir deste momento.Quero expresar o meu agradecemento a todos os cidadáns desta terra ós que nos votaron e ós que non, todos eles merecen o meu respecto e a miña gratitude. Por suposto quero felicitar moi especialmente ós militantes e simpatizantes do meu partido que traballaron con entusiasmo durante moito tempo para acadar este resultado.Hoxe ábrese unha nova etapa en Galicia. A partir de hoxe xa non hai votantes dun ou doutro partido só hai cidadáns e cidadás de Galicia, libres e iguais. Hoxe é o primeiro día do noso futuro. Un futuro no que todos temos o mesmo obxectivo: Mellorar Galicia e mellorar a vida dos galegos. Moitas grazas.
MARIANO RAJOY (xa que 10 horas despois do resultado das eleccións, Fraga inda non falou)
Rajoy insiste en la victoria del PP gracias a una base social muy firme
El presidente del PP, Mariano Rajoy, ha insistido en que su partido ha ganado las elecciones en Galicia con una mayor diferencia sobre el PSOE que la que obtuvo en este territorio en las pasadas elecciones generales, lo que demuestra que la base social de los populares en esta comunidad es "muy firme". Rajoy ha asegurado que los populares van a "seguir trabajando" para mantener e incrementar esta base social, toda vez que han ganado estos comicios "con mucha claridad". Por ello, cuando el futuro presidente de la Cámara gallega llame a consultas al Partido Popular, sus representantes dirán que consideran que el candidato a la Presidencia de la Xunta ha de volver a ser Manuel Fraga, como cabeza de lista más votado.