27.9.06


OS HÓRREOS


Unha das construcións típicas da cultura galega, xunto cos Cruceiros e os Petos de Ánimas, inundan o territorio de todo Galicia e non hai un pobo onde non atopemos un. Falo por suposto do Hórreo.

A influenza cultural galega tivo moito que ver en que os nosos veciños do Norte de Portugal, fixesen desta construción algo común nos seus pobos.

Durante tantos en tantos anos, o Hórreo foi unha construción típica de Galicia e agora, aínda que nalgunhas canterías fan reproducións en miniatura desta construción para adornar os xardíns das casas, hoxe en día xa non se constrúen.

Este patrimonio herdado dos nosos devanceiros debemos conservalo e protexelo, debido a que son moitos os casos nos que o mercado negro, o roubo e o bandalismo fan desaparecer dos nosos pobos esta significativa construción.

Non menos certo é que hai un gran número destes Hórreos que se atopan en estado de ruína, abandonados e a piques de derrubarse. Todo iso é debido a que hoxe en día o seu uso é pouco frecuente, por sorte, aínda hai pobos onde a xente segue gardando as espigas nel para mantelas secas e fóra do alcance dos roedores.

Nalgunhas zonas de Galicia denomínase ao Hórreo co nome de "Canastro" (sería a súa tradución galega) ou "Cabaceiro".

Descoñécese a súa orixe. O máis probable é que estas construcións remóntense á época dos "Castros", debido a que os habitantes destas poboacións dispoñian de secadeiros e almacéns semellantes para gardar o gran. Se comparamos os hórreos feitos coas construcións das cabanas atopadas nos antigos "Castros", podemos afirmar que seguen unha mesma estrutura, podendo pensar que os Hórreos son unha variante destas construcións. Existen varios tipos de Hórreos e non hai lugar de Galicia onde non aparezan.




OS PETOS DE ÁNIMAS


Os Petos de Ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia, e son unha das manifestacións materiais do culto ós mortos e da devoción polas ánimas.

Galicia é un pobo profundamente relixioso, sentimento herdado dos seus antepasados e afincado en tradicións de santos repartidos por toda a nosa terra. É xeral a crenza en milagres, pequenos e grandes, e para todo se pide o favor do Ceo.

Dentro das construccións populares, os Petos de Ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de asegurarse a propia.

Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome. Por exemplo, no de Famelga de Cotobade lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes que harás...". Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogad por nos - Señor y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos".

A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construcción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ó século XVII.

As encrucilladas aínda inspiran temor ós naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ó enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá, de aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo, pintura…, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro.

As ánimas, sobre todo, ténselles respecto e non se poden esquecer nunca.



OS CRUCEIROS


Os cruceiros están considerados como unha das manifestacións máis xenuínas da arquitectura popular galega e a súa orixe remontase segundo algúns autores á época prehistórica en lugares nos que existían menhires, e que logo, coa chegada do cristianismo deixaron constancia da súa existencia pero baixo formas cristianizadas. Aseméllanse, pero o certo é que non é doado encontrar un igual. A súa presencia nos camiños e lugares sagrados esténdese por toda a nosa xeografía.

¿Haberá alguén no país que non coñeza un cruceiro?

Os cruceiros son cruces de pedra que se colocan en lugares como son os cruces de camiños, adros de igrexas, ermidas, ou incluso en entradas a cemiterios, sempre en relación con lugares de culto. Tamén se fala algunhas veces de cruceiros ó referirse ás cruces do viacrucis. Estas cruces adoitan alzarse sobre unha plataforma con banzos que é común en Galicia e Irlanda, se ben na nosa comunidade autónoma tamén existen exemplares de cruceiros sen eles.

Están tamén situados nas encrucilladas de camiños, e en espacios vencellados con crenzas pagás posteriormente cristianizadas cos propios cruceiros como os lugares máxicos de curación, de reunión de ánimas, bruxas, etc. Deste xeito estes elementos adquiren un carácter simbólico sagrado, normalmente coa función de protección. Outras localizacións comúns son os lugares onde ocorreu algunha morte.

A presencia destes elementos é normalmente de orixe devocional, aínda que non faltan tampouco os motivos rogativos, de loanza ou de ofrenda como causas da súa construcción. Normalmente está financiada por algunha persoa que pretendía gañarse a súa indulxencia ou a da súa parroquia para con Deus; ofrece-la súa construcción como voto para pedi-la curación dunha enfermidade ou protección ante unha situación perigosa. Coa mesma finalidade (é dicir a da protección)se levanta un cruceiro nun campo de feira (para protexe-lo gando) ou tamén nun lugar onde houbo un acontecemento violento, un crime, para evitar ca alma errante das víctimas chegue a danar ós viandantes.

O cruceiro é polo tanto un obxecto sagrado, e o lugar onde está emprazado, un espacio tamén sagrado. Se partimos desta concepción non nos poden estraña-las prácticas e costumes diversas que a el se vencellan, coma as ofrendas en petición dalgunha gracia ou coma testemuña de agradecemento por algún favor recibo, paradas de enterros ou procesións... E coma consecuencia destes factores o cruceiro é obxecto de devoción e respecto, e non só un monumento que sinala o límite de parroquias ou concellos.

Cada parroquia, cada pobo ten o seu propio cruceiro, ó que os veciños se senten moi unidos. Ese cruceiro foi posto alí para cumprir unha misión nun contexto determinado, e se se o priva do seu ámbito natural queda mutilado, perde o seu valor etnolóxico. Poderemos admirar o seu valor artístico, pero ese cruceiro nunca poderá ser comprendido na súa totalidade.

Os cruceiros máis antigos en Galicia son do século XIV, máis os de arte realmente popular son os barrocos, do século XVII deica hoxe. Estes cruceiros polo regular todos se asemellan e todos se diferencian, non habendo dous iguais. Teñen estilos diferentes, pero o máis común é que representen unha crucifixión, Cristo crucificado e soidade; mentres que no reverso aparece a figura da Virxe. Estas figuras esculpidas no cruceiro transmiten o sentido da dobre natureza de Cristo, a divina e a humana, a través da maternidade da Virxe, do sufrimento na cruz e da súa morte.

As figuras simbólicas principais que se poden atopar nos cruceiros son: a caveira, moitas con dous ósos cruzados, que se soen poñer ós pés dos Cristos; a lúa ós pés da Nosa Señora, os anxos nos capiteis ou nos pés das imaxes; e a figuración do Pecado Orixinal. Esta moitas veces redúcese a unha caveira, representación do home, e unha serpe ou unha píntega representando o pecado que se poñen ós pés do Cristo, ou no varal, ou ben no baseamento.


Castelao dixo:

"Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e polo gran sentimento de quen o fixo.

¿Tedes reparado nos nosos cruceiros aldeáns? Pois reparade.

A Virxe das Angustias , enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a Piedá dos escultores, é a Piedade creada polos canteiros.

Os nosos canteiros deixándose levar polo sentimento, non podían imaxinar un home no colo da nai.

Para os artistas canteiros, Xesucristo sempre é pequeno, sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos pequenos nos colos das nosas nais.
Reparade nos nosos cruceiros e descubriredes moitos tesouros"...

Posted by Publicado por Guille en 22:33
Categories: Etiquetas:

 

5 comentarios:

Marian dijo...

Pués a mí me ha gustado especialmente que pusieras esa foto del cruceiro de Hio, es un de los más hermosos que pude ver este verano.
tanto me impactó que cuando volví a casa me puse a investigar un poquito y esto es lo que encontré:

El cruceiro representa la historia de la salvación.

Consta de tres partes:

1ª En el basamento: Caída del Hombre (Pecado original)
2ª En el fuste: Promesa de Salvación (la Virgen nos traerá a Jesús)
3ª En la cruz: Realización de la Promesa (la Redención - el Descendimiento)

A) EL BASAMENTO.
Está compuesto por cuatro hornacinas que representan tres pasajes claramente diferenciados: a) El pecado original (Adán y Eva en el Paraíso). Adán mira de frente (hornacina posterior) mientras que Eva contempla el árbol del Bien y del Mal y más concretamente al diablo representado por la serpiente. Al situar las dos figuras separadas en hornacinas diferentes parece que el autor quiso remarcar las distintas posiciones de Adán y Eva. Adán parece confiado, rezando, ajeno a la tentación que estaba sucediendo. Eva está atenta a la conversación con el diablo y da la espalda al exterior, al Creador.
La solución de continuidad entre las dos hornacinas viene determinada por la vegetación del Paraíso. Si se mira en diagonal, desde la hornacina izquierda, puede verse la unidad del pasaje.

b) Cristo resucitado en el Limbo de los Justos: Según la Teología tradicional el pecado de Adán y Eva cerró las puertas del Cielo de tal manera que los justos desde Adán hasta la Resurrección no podían ir al Cielo por estar cerrado; no iban al infierno porque eran justos; iban al Limbo de los Justos hasta que cristo resucitado les abrió las puertas (hornacina de la derecha) y les llevó al Cielo.

c) La hornacina principal representa a la Virgen del Carmen como intercesora de las almas del Purgatorio. Su posición frontal respecto al crucero parece ser una concesión del artista a la devoción de los hombre del mar a la Virgen del Carmen.

B) EL FUSTE.

Representa la Promesa de Salvación.
Adán y Eva aparecen desnudos fuera del Paraíso, y debajo de la Purísima que va a traernos la liberación. Adán aparece consciente del pecado (demuestra su preocupación llevando las manos a la cabeza) mientras que Eva, sólo siente vergüenza de su desnudez. Una vez más el artista culpa a la mujer de la situación.

Para explicar la Promesa de Salvación, decimos que el artista esculpe la figura de la Purísima Concepción (Génesis, cap. 3º, versículo 15), y la remarca con figuras de dos ángeles, uno aplastando la cabeza del dragón que quiere devorar al niño, y el otro llevando al niño fuera del alcance del dragón. (Apocalipsis, cap. 12, versículo 4).

C) EL REMATE: LA CRUZ.
Representa el cumplimiento de la Promesa con la muerte de Cristo y su Descendimiento de la Cruz.

Al pie de la curz, se observa claramente, la escultura de la Dolorosa y otras piadosas mujeres de las que nos habla San Juan. (Cap. 19, versículo 25).

Las fotos que yo saqué no le hacen justicia. Guille, deberías poner una foto en la que se vean más los detalles...merece la pena.

Guille dijo...

Sí, es realmente espectacular "o cruceiro de Hío", busqué fotos que poner pero pocas me convencieron, al final opté por esa aunque también podía buscar entre las realizadas por mí, fue hace un par de años cuando lo visité.
Respecto al "Cruceiro Bonito" de Abegondo, llama mucho la atención, no se parece al típico estilo de cruceiro galego.
Intentaré poner unas fotos de ambos para que podáis disfrutar de dos auténticas joyas de la cultura popular gallega.

Guille dijo...

Por cierto, me gusta esto de no poner el nombre de las fotos y que las reconozcáis...

Marian dijo...

A modo de pique? jajajajjaja.
Bueno, espero a ver esas fotos para dar mi opinión!

Guille dijo...

Nesta dirección hai unhas 30 fotos do cruceiro de hío:

http://www.vigoenfotos.com/cangas/e_cruceiro_hio_5.html

Fotos do Cruceiro de Abegondo non atopo, pásolle a pelota a Mike para que poña algunha.

 
>