Galicia xa ten o seu propio torneo de fútbol de élite. Primeiro foi o nacemento da Seleción Galega, agora nace a Copa Xunta de Galicia de Fútbol. Os equipos galegos presentes en Primeira, Segunda e Segunda "B" serán os que disputen este torneo, eles son: Deportivo, Celta, Racing de Ferrol, Negreira, Celta "B", Ourense, Pontevedra e o Lugo (como invitado "especial" de Terceira para representar á única provincia sen equipo).A Xunta xa convocou os equipos i eles serán os encargados de decidir as datas do torneo. Todo dependerá sobre todo da disponibilidade do Dépor e do Celta, se xogan ou non a Intertoto. Os partidos podían ter lugar antes, durante ou despois do Mundial de Fútbol de Alemaña. Cabe dicir tamén, que os partidos no terán por que ser consecutivos, haberá que adaptarse ó calendario oficial.
O que sí está claro é que os oito equipos se distribuirán en dous grupos de catro por proximidade xeográfica:
Grupo 1: Dépor, Racing, Negreira e Lugo.
Grupo 2: Celta, Pontevedra, Ourense e Celta "B".
Os dous mellores de cada grupo enfrentaránse nas semifinais. A sorte decidirá se a sede da primeira final será Riazor ou Balaídos. Un albergará as semifinais, previo sorteo, e o outro a Gran Final.
Só por participar, cada equipo percibirá 18.000 Euros, pero no caso de ir avanzando eliminatorias esta cantidade será maior. O subcampión embolsarase uns 36.000 Euros, os semifinalistas que non pasaron a final uns 24.000 Euros. O premio gordo será para o Campión que cobrará uns 60.000 Euros.
Parecen poucos cartos para Dépor e Celta, pero moitísimos para os Negreira, Ourense e compañía.
Parecen poucos cartos para Dépor e Celta, pero moitísimos para os Negreira, Ourense e compañía.
Esperemos que esta copa sirva para potenciar e mellorar o fútbol galego.
0 comentarios:
Publicar un comentario