30.6.07





Benvidos á nova web de arrevoire.
Por terceira vez dende a súa creación, arrevoire cambia totalmente de imaxe aínda que mantén a maior parte do contido habitual da páxina. Poderás comentar tódalas noticias que poñamos na web, ademais de coma sempre, deixar a túa mensaxe no tagboard que aparece na marxe dereita que é o mesmo tagboard de sempre, se tiñas o nick rexistrado así seguirá. (Se por algún casual non se ve o tagboard, dalle a actualizar no teu navegador).

O blog mundo curioso desaparece como tal e aparece como unha parte máis da páxina principal de arrevoire. As noticias de actualidade, deportes, o tempo, etc.. teñen tamén o seu recuncho. A principal novidade de todas, é que calquera noticia relacionada coa peña arrevoire aparecerá comentada en portada sen necesidade de ter que buscala.

A web de arrevoire seguirá sendo http://www.arrevoire.es.vg, se por algún casual utilizabas a dirección do servidor www.xente.mundo-r.com terás que modificala, arrevoire mudou de servidor. Tamén existe e funciona correctamente, http://arrevoire.tk

Ademais, os problemas que existían anteriormente para poder ver a web noutros navegadores que non foran IExplorer foron subsanados.

Saúdos a todos, e espero que a web sexa do voso agrado.


Posted by Publicadas por Guille a la/s 01:58
Categories: Etiquetas:

1 comentarios  

27.6.07


Arrevoire, como xa sabedes, participará no "Sorteo del Oro - Cruz Roja".

Como fin de tempada, e ante a petición feita por algúns dos socios, os cartos restantes do BOTE foron investidos nun décimo para este sorteo. O prezo do décimo é de 5€, quedando para a vindeira tempada, pouco máis de 2€ no BOTE.

Os Socios de Arrevoire xogan o número: 62.498, número de serie: 25.

O Sorteo celebrarase o día 19 de Xullo de 2007. O Premio Gordo, son 140Kg de Oro.

Posted by Publicadas por Guille a la/s 01:01
Categories: Etiquetas:

1 comentarios  

Posted by Publicadas por Guille a la/s 00:54
Categories: Etiquetas:

1 comentarios  

26.6.07






Trátase dun fenómeno meteorolóxico típico da primavera, eleva as temperaturas por encima dos corenta grados, abrasando os ollos e o estómago. Chámase Hamsin i é o peor tipo de tormenta de area que se coñece no deserto.

O Hamsin dura 50 dias, e pódese materializar en fortes olas de po ou en olas de calor que superan os 40 grados de temperatura. A tormenta prodúcese no interior dos desertos, e surca as dunas con enorme velocidade, arrasando todo o que atopa ao seu paso.

Posted by Publicadas por Guille a la/s 13:09
Categories: Etiquetas:

1 comentarios  

Posted by Publicadas por Guille a la/s 00:01
Categories: Etiquetas:

 

25.6.07


A próxima Quiniela terá lugar en Agosto de 2007.

Posted by Publicadas por Guille a la/s 23:58
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

 
>