31.8.07


No lugar habitual dos últimos tempos celebrouse a reunión á que, como ven sendo habitual, só asistiron os administradores.

A Quiniela elaborada para esta xornada (click na imaxe para ampliala), con motivo do bote de máis de 4 millóns de Euros posto en xogo, é de 3 triples e 3 dobres reducidos con prezo de 12€.

BOTE queda con 15,92€.

Próxima Reunión: VENRES 7 DE SETEMBRO.

Nota: Do mesmo xeito que se facía o ano anterior, se non hai actualización da páxina indicando que tivemos premio, querrá dicir que non houbo premio.



Posted by Publicadas por Guille a la/s 17:54
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

Foi o "boom" dos oitenta en materia de videoxogo, o Tetris poboou de pesadelos de fichas encaixables a unha xeración que, lonxe aínda de gozar dos sofisticados e futuristas videoxogos, probaba as súas habilidades naquelas enormes máquinas que poboaban os salóns de xogos e bares da época.

Daquela poucos tiñan algún tipo de máquina na casa na que poder xogar, aínda que pouco a pouco, a tecnoloxía dos videoxogos foi chegando a todas as casas, facendo do vicio algo maravilloso para moitos. Agora, o mítico Tetris volve para a Xbox 360.

Pero nos tempos que corren, o de menos é ter unha videoconsola, moitos xa o terán dende fai tempo no seu móbil.

Posted by Publicadas por Guille a la/s 05:55
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

30.8.07


Xa se está rodando a nova película de `Mortadelo y Filemón, Misión salvar la Tierra´, con `El Neng´ e Pepe Viyuela nos papeis protagonistas, baixo a dirección de Miguel Bardem en substitución de Javier Fesser, que asinara a primeira adaptación.

Trátase dunha "superproducción" de 10 millóns de euros que se verá en 2008, pero que aínda non ten data concreta concreta para o estreno. Un dos cambios máis rechamantes introdúceo o actor Edu Soto, coñecido polos seus papeis en "Buenafuente" (sobre todo o do Neng), que na versión de 2008 dará vida a Mortadelo, substituíndo así a Benito Pocino.

En http://www.myfmisionsalvarlatierra.com, pódese seguir o día a día desta "superproducción", algo pouco habitual no cine español.

Posted by Publicadas por Guille a la/s 05:55
Categories: Etiquetas: ,

0 comentarios  

29.8.07


Comunismo, Ateísmo, Satanás, ZP... o principal perigo da Igrexa non está fora dela, senón máis preto do que pensaban. Se hai algo co que non contaban é que o perigo lles viñese dende dentro, despois de todo, a loita que mantiveron durante séculos contra o libre pesamento tiña a súa razón de ser, pois os teólogos teñen a mala costume de que pensan demasiado, e iso do libre pensamento non está ben visto pola xerarquía eclesiástica.

Descubrimentos arqueolóxicos, avances médicos, históricos, filolóxicos... están a facer tremer a vella doutrina fortemente establecida da Igrexa. A ciencia e a teoloxía seguen avanzando, investigando e achegando luces novas que iluminarán a moitos, cegarán a outros e molestarán profundamente a outros máis sobre Jesús.


Posted by Publicadas por Guille a la/s 05:55
Categories: Etiquetas:

5 comentarios  

28.8.07


O verán deu por finalizadas as "boas" cifras obtidas coa implantación do novo permiso de conducir, claro que mentres siga habendo vítimas non serán boas cifras. Neste agosto houbo máis vítimas mortais que no do ano pasado.

O Goberno anuncia man dura para este outono, cando se tipifiquen como delito algunhas condutas moi habituais nas nosas estradas, como conducir moi por encima da velocidade permitida ou facelo sen carné. Pero vai ser o mesmo, pois a xente segue facendo o que lle peta.

A suposta eficacia do carné por puntos parece que desaparece por veces, para algúns dos expertos en seguridade vial isto ocorre por non ir acompañado de medidas como o incremento da presenza da Guardia Civil, un maior investimento en estradas, colocación dos radares en tramos que sexan realmente perigosos e outras medidas como a eliminación de puntos negros.

Eu penso que o realmente imprescindible é que os condutores vexan á Guardia Civil en lugar de tanto radar. Porque ¿que é o que realmente fai reflexionar a un conductor cando vai ó volante? En canto son vistos, é cando un conductor ten intención de cumplir a normativa, pois comeza a revisar certos aspectos da conducción coma a velocidade e o cinto de seguridade. Ademais, para que unha sanción sexa efectiva, os axentes deben parar aos infractores no preciso momento de cometela e non ser informados varios meses máis tarde.

Pero hai un sólido problema: faltan axentes de tráfico, hai menos dos que deberían.

E ti xa sabes conductor, a modiño e con sentidiño.

(Revista Tiempo)
[+/-] Seguir Lendo..


Posted by Publicadas por Guille a la/s 05:55
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

26.8.07


¿A quen non lle gusta a Premier? Nunca foi unha liga de técnica ni de exquisiteces, máis ben foi sempre a liga do “pelotazo” e da forza bruta, fronte a técnica (de cando en vez) e furia da liga española e a altísima competividade i extremo rigor táctico do Calcio.

Pero iso sí, sempre engaiolou os afeccionados ó fútbol polo excepcional ambiente que normalmente presentan os seus estadios, convertidos en auténticos templos do fútbol mundial: Anfield, Highbury, Old Traford, etc.

Pero algo está a cambiar nos últimos tempos.

Xente de Rusia, de Estados Unidos, de Asia, etc. está a traer cartos frescos para este rincón de Europa facendo da Premier, a Liga que máis investiu en reforzarse.

O Liverpool fichou a estrela mediática dos xornais madrileños, Torres, por 39 millóns de Euros. O Manchester United pagou 25 millóns polo brasileiro do Porto Andersson e outros tantos polo inglés Hargreaves. Estes foron un pequeno exemplo do habitual nos últimos anos la liga inglesa.

Pola contra, o Chelsea de Mourinho sorprendeu polo pouco gastado en comparación cos outros anos. Parece que desta vez, tocou vender mellor que mercar. Din os rumores interesados que esta razón no descenso da inversión débese a mala relación de Abramovich co técnico portugués. Dise que Mourinho ten os días contados en Londres e que por iso o seu xefe non quere gastarse unha libra máis nos caprichos do seu adestrador.

E por dicir algo, non vaia ser que se fale de fútbol inglés e non mencionemos ó "Rei Midas" David Beckham, que da igual onde xogue, Manchester, Madrid ou Los Angeles, segue a ser unha máquina de facer cartos.

Ademais, este ano estamos de sorte, a Premier xa non é únicamente para os que queiran pagar televisión para vela, este ano a temos na televisión española.

¿Tedes algún pronóstico?
[+/-] Seguir Lendo..


Posted by Publicadas por Guille a la/s 15:23
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

24.8.07


Arrevoire comeza a xogar unha nova tempada máis de Quiniela. No lugar habitual dos últimos tempos celebrouse a primeira reunión deste ano á que, como ven sendo habitual, só asistiron os administradores.

A Quiniela elaborada para esta xornada (click na imaxe para ampliala) é de 4 triples reducidos con prezo de 4,50€.

Sumando o restante do ano pasado co sobrante ó facer esta Quiniela, o BOTE queda con 12,92€.

Debido á reducción de socios e a ampliación do número de xornadas de Quiniela, realizouse unha reestructuración dos cálculos que rixen a forma de xogar de arrevoire. Dos 20€ que arrevoire poñía para xogar cada xornada, pasamos a 15€ por xornada, aínda que isto non quere dicir que, dependendo da xornada e do BOTE, non se vaian sellar quinielas de maior valor.

Próxima Reunión: VENRES 31 DE AGOSTO.

Nota: Do mesmo xeito que se facía o ano anterior, se non hai actualización da páxina indicando que tivemos premio, querrá dicir que non houbo premio.


Posted by Publicadas por Guille a la/s 17:49
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

18.8.07



Estrañas luces no ceo. Nos instantes do terremoto ocorrido estes días no Perú, unha serie de luces de cor azul iluminaron o ceo peruano ante a perplexidade dos transeúntes. Segundo se publicou en diferentes sitios de Internet, isto débese a un fenómeno coñecido como triboluminiscencia, baseado en "a produción de luz cando algo foi golpeado, rozado ou triturado".

Fonte: http://www.informativos.telecinco.es/

Posted by Publicadas por Guille a la/s 01:37
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

17.8.07


Arrevoire comeza a xogar á Quiniela 2007 - 2008 o próximo Domingo 26 de Agosto como resultado da disputa da primeira xornada da Liga de fútbol.

O Vindeiro VENRES 24 DE AGOSTO terá lugar a primeira Reunión de Elaboración de Quiniela da Tempada.

Os socios de arrevoire deben comezar xa a pagar as cotas correspondentes. Agora mesmo, hai que pagar 10€ por Agosto.

Posted by Publicadas por Guille a la/s 12:13
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

10.8.07


A ONLAE xa está preparada para o comezo da Quiniela. As normas que regularán o xogo na Tempada 2007-2008 xa foron publicadas no "Boletín Oficial del Estado", número 186 con data de 4 de agosto de 2007.

A novidade máis sobresaínte é que o número de xornadas de Quiniela sube ata 45, rematando a Quiniela o 15 de Xuño de 2008. Durante esta tempada, a Quiniela tamén se xogará en mércores en tres ocasións. A quiniela prácticamente mantén a mesma normativa coa que viñamos xogando, ademais de manter os prezos no xa coñecido 0,50€ por aposta.


Posted by Publicadas por Guille a la/s 23:16
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

A súa campaña de captación de socios para a tempada 07/08 causou impacto na súa localidade (Sa Pobla) e xa comeza a dar que falar polo país en diante. O póster, coa imaxe dos xogadores mostrando o traseiro, reactivou o interese de afeccionados e veciños en xeral polo seu equipo de fútbol, un club histórico de Baleares (creado nos anos 30) e que como case todos pasa por difíciles momentos.

O que non se lle escapa a ninguén e que conseguiron o seu obxectivo de chamar a atención.

Polo visto, o lema trátase dunha frase mallorquina que explica a realidade que vive o clube según di o presidente da xunta xestora que dirixe a entidade tras non presentarse ningún candidato á presidencia logo de convocarse eleccións. A UD Poblense espera pasar dos 300 socios da tempada pasada a unha cifra próxima ó milleiro.

Por certo, son os propios xogadores do equipo os que amosan o cú na xa famosa foto.

Posted by Publicadas por Guille a la/s 22:41
Categories: Etiquetas:

1 comentarios  

6.8.07



Descoñécese se isto é unha broma ou non, cada un que pense o que queira...



Posted by Publicadas por Guille a la/s 00:00
Categories: Etiquetas:

1 comentarios  

1.8.07



A Administración de Arrevoire comeza a preparar a Quiniela 2007 - 2008.

Según vaia avanzando o mes de Agosto, iremos informando sobre tódolos movementos que se produzan.

Todos aqueles que desexen xogar á Quiniela con Arrevoire, deberán poñerse en contacto coa administración para renovar a súa participación (caso dos socios habituais) ou para inscribirse como novos socios.

Posted by Publicadas por Guille a la/s 00:01
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

 
>