29.7.07


Pois como vai ser, cantas máis armas mellor para todos.

Estados Unidos dará 30.400 millóns de dólares a Israel en axuda militar.

[...]

A suma forma parte dun paquete da Casa Blanca de entregas masivas de armamento avanzado e fondos aos seus aliados en Oriente Medio para facer fronte ao crecente poderío militar iraniano, segundo informaron onte en portada os diarios estadounidenses The New York Times e The Wáshington Post.

LA VOZ DE GALICIA

E falando de solucionar problemas de maneira espectacular (aínda que non parece que se queira resolver o anterior), veume a mente agora mesmo a solución que propuxera Bush non fai moito para acabar cos incendios no seu país, tratábase dunha tala masiva dos bosques. Evidentemente, sen non hai materia que queimar, non hai lume... Que tempos estes, calquera pode chegar a presidente...
[+/-] Seguir Lendo..


Posted by Publicadas por Guille a la/s 23:20
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

27.7.07


Tour 2006: O último venres de competición, coñécese que Floyd Landis deu positivo. A pesar diso, segue en carreira e o domingo seguinte proclámase vencedor do Tour en París.

Tour 2007: Rasmussen foi excluido do Tour polo seu equipo despois da espectacular presión feita polo Tour para que así se fixera. Rasmussen NON deu positivo en ningunha etapa deste Tour pero non pode seguir correndo nin chegará a París, despois de demostrar (para sorpresa de todos) ser o máis forte da carreira.

Óscar Pereiro ten toda a razón cando di que o Tour de Francia escolle ós seus vencedores. Sempre interesan máis uns ca outros.

Os defensores da exclusión de Rasmussen falan de que non se presentou a dous controis sorpresa antes do Tour, ahí estamos todos de acordo, se non cumpriu as normas non debeu disputar a carreira, pero... ¿porque o deixan correr o Tour e logo o "expulsan" a falta de catro días?

Agora todos temos a dúbida sobre si Rasmussen é un corredor "limpo" ou non, de momento, probas de positivo non hai.

E de Vinokourov, mellor non falar.

A prensa e a xente son así, o ciclismo pasa polo mundo case sen atención a pesar das grandes etapas que moitas veces nos fan vivir os ciclistas. Pero, salta un positivo por dopaxe e de súpeto o ciclismo é a noticia de portada de tódolos informativos. Se fixeran o mesmo número de controis noutros deportes coma no Fútbol e sobre todo, no Atletismo, a ver si o ciclismo seguía sendo o deporte con máis noticias por dopaxe.

[+/-] Seguir Lendo..


Posted by Publicadas por Guille a la/s 11:57
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

23.7.07


Estaba lendo un artigo de opinión no 20minutos cando se me ocorreu facer este post. Trátase dun artigo no que se vapulea o programa do tomate de telecinco, e todo hai que dicilo, non deixa de ter razón este rapaz na súa feroz crítica. Pero a min chamoume a atención, non as críticas a este programa, senón un dos feitos realizados polo programa que mostra neste artigo:

Hace unos días, el Tomate mostraba imágenes de Ortega Cano volteado por un toro y el texto: "Ortega, más cerca de Rocío".

Gran frase no momento oportuno. Creo que arrevoire debería fichar ós guionistas de "Aquí hay tomate", nin sequera algún de nós, incluso Grobas, o faría mellor.


Posted by Publicadas por Guille a la/s 23:36
Categories: Etiquetas:

1 comentarios  

20.7.07


O xuíz da Audiencia Nacional Juan del Olmo ordenou o secuestro do último número da revista satírica "El Jueves", en cuia portada aparece unha caricatura dos Príncipes de Asturias nunha situación considerada irreverente.

O auto ditado hoxe, a petición da Fiscalía Xeral do Estado, ordena ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que procedan a retirar os exemplares da revista dos puntos de venda, así como que se despracen a Madrid e Barcelona para facerse co molde do debuxo.

O titular do Xulgado Central de Instrución número 6, que se atopa de garda esta semana, require ao director da revista que identifique aos autores da caricaturas, que poderían incorrer nos delitos contra a Coroa previstos nos artigos 490.3 e 491 do Código Penal, que preven penas de ata 2 anos de prisión a quen cometese calumnias ou inxurias contra o rei ou os seus descendentes.

A portada da revista mostra unha viñeta satírica na que aparecen representados caricaturas do príncipe de Asturias, Don Felipe e a princesa Dona Leticia, nunha postura sexual explícita, tal e como aparece reflectido na web 'www.eljueves.es' O xuíz da Audiencia Nacional Juan del Olmo ordenou hoxe, a petición da Fiscalía, retirar dos quioscos e prohibir a difusión do último número desta revista satírica por un suposto delito de inxurias á Coroa.

A viñeta fai referencia á axuda de 2.500 euros á maternidade anunciados polo Goberno e aparece a seguinte afirmación: "Te das cuenta si te quedas preñada? Esto va a ser lo más parecido a trabajar que he hecho en mi vida."
[+/-] Seguir Lendo..


Posted by Publicadas por Guille a la/s 15:29
Categories: Etiquetas:

1 comentarios  

O noso 62.498 non foi premiado.



Posted by Publicadas por Guille a la/s 01:01
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

16.7.07


Moitas veces aceptamos “verdades” que realmente non o son, pero están tan metidas entre a xente que o máis ilóxico sería pensar que non son certas.

Aquí aparecen algúns dos mitos mais populares da ciencia, en moitos dos cales leváredesvos unha sorpresa ao ver que non son certos e que realmente proceden de lendas. Hai moitos máis pero non me apetecía copiar máis! Espero que vos sexan de gran axuda na vosa vida.

A auga vira en dirección contraria nos desaugadoiros do hemisferio sur con respecto ós do norte, por mor da rotación terrestre?
Non, ou poderiamos dicir que non é do todo certo, pois se o fose, nun lavabo situado xusto na liña ecuatorial a auga non faría remolino algún. O que se é certo é que a influencia da rotación da Terra (o efecto coriolis, que é teoricamente responsable do sentido do xiro do remolino) é moito menor no Ecuador. Con todo, o movemento do remolino depende, sobre todo, da forma do recipiente.

Baixo a choiva, se corres móllaste menos?
Depende. Sobre todo, da velocidade á que corramos e do tempo que permanezamos baixo a choiva. De feito, existe unha ecuación coa que descifrar en que casos é certa ou falsa esta afirmación. A ecuación é: Densidade da choiva que esta caendo, multiplicada pola superficie superior do noso corpo, e á súa vez multiplicada por: VR+A (a suma da velocidade á que imos e a nosa área) por Vp (velocidade da choiva). Ademais, a isto súmaselle o tempo que pasamos baixo a choiva. O resultado? Canto máis tempo pases baixo a choiva, ou canta maior velocidade leves ao correr, mais te mollas.

Bostezar é contaxioso?
Si, ata os chimpancés imitan o bostezo cando ven a outro conxénere bostezar, aseguran nun estudo da universidade inglesa de Stirling. E segundo as imaxes dos escáneres cerebrais, parece que no ser humano trátase dun acto completamente inconsciente que reside na zona periamigdalar, relacionada tamén coa expresión facial e a súa interpretación emocional.

Os adultos desenvolven novas neuronas?
Si, fai máis dunha década que sabemos que é así. Ata entón críase que todas as células cerebrais humanas ían desaparecendo sen remisión. Primeiro apareceron evidencias de que se producía rexeneración neuronal en réptiles e aves, e mais tarde soubemos que tamén a había en mamíferos e en humanos. Aínda que a maior evidencia de desenvolvemento de novas neuronas en adultos demóstrase nun estudo de investigadores suecos e neozelandeses publicado en Sciencie o pasado mes de febreiro. Este traballo demostrou a existencia de neurorrexeneracion no bulbo olfativo, un órgano pequeno que esta situado baixo o cerebro, e preto da mucosa olfativa. Tamén se atoparon neuronas recentemente nacidas nunha zona do hipocampo relacionada coa memoria e a aprendizaxe.

Tárdase sete anos en dixerir un chicle?
Non, os ácidos estomacais non fan distinción entre os diferentes elementos que entran no noso sistema dixestivo, xa sexa materia orgánica ou química, como é o caso do chicle. En dixerilo, o noso estómago tardará mais ou menos o mesmo que con calquera outro alimento indigesto; unhas 20 horas. Din que o mito dos sete anos foi inventado polas nais que querían evitar as caries que producían os chicles con azucre.

A gran muralla chinesa pódese ver desde o espazo?
Non, Yang Liweu, o primeiro astronauta chinés que viaxo ao espazo, asegurou ao volver: "A gran Muralla chinesa non se ve desde aí arriba". Desde entón, deuse por feito que isto non era máis que un mito erróneo, ata que a axencia Europea do Espazo publicou en 2004 unhas imaxes que eran, precisamente, a Gran Muralla tomadas desde o espazo. Aos poucos días tiveron que rectificar, xa que os investigadores chineses describiron que o que parecía a Muralla non era máis que o percorrido dun río que flúe ao nordés de Pequín. Tampouco se pode ver desde a Lúa.

Os gatos sempre caen de pé?
Si, Estudos científicos dos anos 80 avalan que ten un movemento reflexo que lles fai "colocarse" no aire de maneira que sempre caen de pé. Isto é posible grazas á súa columna inusualmente flexible e a que carecen dun equivalente á nosa clavícula no seu esqueleto. Todo isto permítelles amortecer o golpe desde grandes alturas. De feito, canto máis alto, máis tempo dálles a reorientarse e a preparar o ángulo perfecto da caída.

Pódese morrer de risa?
Si, a denominada hilaridade fatal, que así se chamou a esta risa mortal, tivo como primeira victima ao filósofo grego Crisipo de Soli. O motivo de tanta gargallada? Ver ao seu burro alimentarse de figos. O ultimo caso: Un físico danés chamado Ole Bentzen, quen faleceu en 1989 "grazas" á película Un peixe chamado Wanda. Nunha escena desta, o seu pulso aumentou de 250 a 500 pulsaciones por minuto, o que lle provocou un ataque cardíaco.

Os polos poden vivir sen cabeza?
Si, Polo menos, nunha ocasión. Este mito naceu co caso dun polo chamado Mike que viviu en Truita, unha cidade de colorado. Parece ser que esta ave viviu sen cabeza durante 18 meses. Como? Pois por que o corte que lle fixeron deixou intactas a iugular, gran parte do cerebro e un oído. Ademais, o seu dono seguiu dándolle para comer cunha pipeta grans de millo e leite, o que a mantivo con vida e gañando peso. Morreu por asfixia, precisamente ao inxerir un gran de millo.

A boca do can é tan limpa como a nosa?
Non, Sinxelamente a flora bacteriana da boca dun can é diferente da nosa. O mito provén de que parece demostrado que a saliva dos cans teñen unha sustancia cicatrizante. Por iso é polo que se lamben as feridas. Con todo, isto non significa que non poidan adquirir infeccións que despois poidan ser trasladadas ao ser humano.

O pelo e as uñas seguen crecendo logo de mortos?
Non, en realidade, o que sucede é que, cando morremos, o corazón párase, o noso sangue deixa de fluír e por tanto, o oxigeno deixa de chegar. Isto produce a evaporación da auga, que supón o 80% do contido da nosa pel. Noutras palabras, o noso corpo se deshidrata. E que sucede cando, por exemplo, un filete de tenreira perde auga? Pois que encolle. Pois isto é o que nos pasa tamén a nós. A si que, non é que as uñas e o pelo crezan, se non que os dedos e a cabeza encollen.
[+/-] Seguir lendo..

Posted by Publicadas por Guille a la/s 23:12
Categories: Etiquetas:

0 comentarios  

14.7.07


O vindeiro 26 de agosto dará comezo a nova tempada de fútbol en España e salvo sorpresa de última hora, significará o comezo da Quiniela.

Vaia curiosidades nos deixou o sorteo do calendario en primeira división, temos un comezo forte na primeira xornada cun sempre atractivo R.Madrid-Atlético e xa próximo ó final da primeira volta, aparece a coincidencia de dous "gordos" nun mesmo día, pois o clásico Barca-Madrid cae o 22 de decembro, data do Sorteo de Nadal.

En fin, que arrevoire comezará a xogar a Quiniela 2007-2008 o día 26 de agosto.

Posted by Publicadas por Guille a la/s 01:44
Categories: Etiquetas: , ,

0 comentarios  

 
>